quinta-feira, novembro 13, 2008

IV TROFEO INTERNACIONAL DE WATERPOLO CIDADE DE PONTEVEDRA - IV MEMORIAL PEPE “MALECHO”



O pasado sábado 8 de novembro, o Club Natación Pontevedra organizou por cuarto ano consecutivo o IV Trofeo Internacional de Waterpolo Cidade de Pontevedra - IV Memorial Pepe “Malecho”, esta vez na piscina do CGTD de Pontevedra.
Nesta 4ª edición, o club pontevedrés organizou un encontro luso-pontevedrés de waterpolo para 4 categorías, enfrontándose en todas elas o club anfitrión, o Club Natación Pontevedra, ante o Clube Naval Povoense.
En total congregáronse preto de 100 waterpolistas de todas as idades na piscina do antigo Estadio da Mocidade.O CN Pontevedra invitou ao Clube Naval Povoense, club da cidade de Povoa de Varzim (Portugal), que a tempada pasada invitou ao Club Natación Pontevedra a participar no 6º Torneio San Pedro-Cidade dá Povoa de Varzim 2008.
Ambos os equipos xogaron partidos durante toda a tarde en diferentes categorías, desde alevíns ata absolutos.
Nesta IV edición do Trofeo Cidade de Pontevedra de Waterpolo volveuse a homenaxear a José Rodríguez Rubial (Pepe “Malecho”), un dos impulsores do waterpolo pontevedrés nos anos 30, cando este deporte practicábase na dársena das Corbaceiras.
O bo ambiente entre ambos os clubs reinou durante toda a tarde, e os máis pequenos gozaron de 5 horas intensas de waterpolo, xogando e vendo partidos, animando aos seus compañeiros sen descanso.
Os partidos serviron para que os nosos xogadores de todas as categorías gañen en experiencia xogando con outros equipos de nivel similar e con equipos que non son os 4 de sempre.
En canto aos resultados, o Povoense levou 3 vitorias, empatando un partido.
Os alevíns conseguiron un empate a 4 sets (todos os cuartos empatáronse a goles), xogando co regulamento de mini-waterpolo, empatando a ?sets? e a goles (12-12).
Foi un partido vibrante e con moitos goles. Os máis pequenos fixeron un gran partido.Os infantís perderon por só un gol (4-5), estando o partido igualado, e a vitoria puido ser para calquera.
O aspecto máis positivo foi que volveron xogar Miguel e Andrés tras as súas lesións.
O partido dos xuvenís foi no que os portugueses foron máis superiores, cunha contundente vitoria grazas a unha maior potencia física (2-9).
A ausencia de Pablito por lesión fixo que Guille e Montojo xogasen na portería, con boas actuacións.Para rematar, xogaron os absolutos, cun equipo infestado de baixas importantes (ata 5 xogadores) e o debut de Néstor, cedendo tamén a vitoria ao CN Povoense.
Puidéronse ver cousas positivas e serviu para probar a xogadores en posicións menos habituais. O resultado final, tamén para os portugueses: 5-12.
Ao finalizar os partidos, o CN Pontevedra invitou a todos os participantes a unha merenda de confraternidade para clausurar a xornada.O Club Natación Pontevedra espera organizar máis xornadas como a do sábado ao longo da tempada, xa que aínda que os resultados non acompañaron, foi moi positiva para os pontevedreses.