terça-feira, novembro 04, 2008

IV TROFEO INTERNACIONAL DE WATERPOLO CIDADE DE PONTEVEDRA - IV MEMORIAL PEPE MALECHO


O vindeiro sábado 8 de novembro, o Club Natación Pontevedra organiza o IV Trofeo Internacional de Waterpolo Cidade de Pontevedra - IV Memorial Pepe Malecho na piscina do CGTD de Pontevedra.
Nesta 4ª edición, o club pontevedrés organizará un encontro luso-pontevedrés de waterpolo para 4 categorías, enfrontándose en todas elas o club anfitrión, o Club Natación Pontevedra, ante o Clube Naval Povoense.
Nas anteriores edicións deste torneo, as 2 primeiras foron para a categoría infantil, xogándose en formato de mini-waterpolo. A terceira edición foi a máis espectacular, celebrándose en categoría absoluta un torneo no río Lérez.
Nesta cuarta edición, o CN Pontevedra invita ao Clube Naval Povoense, club da cidade de Povoa de Varzim (Portugal), que a tempada pasada invitou ao CN Pontevedra a participar no 6º Torneio San Pedro-Cidade da Povoa de Varzim 2008.
Ambos os equipos xogarán partidos durante toda a tarde en diferentes categorías, desde alevíns ata absolutos.

IV Trofeo Internacional de Waterpolo Cidade de Pontevedra - IV Memorial Pepe Malecho

Organiza: Club Natación Pontevedra
Piscina C.G.T.D. de Pontevedra
8 de novembro de 2008

Equipos:
Club Natación Pontevedra e Clube Naval Povoense

Categorías:
- Alevín: 97-98 (mini-waterpolo)
- Infantil: 95-96
- Xuvenil-Cadete: 91-92-93-94
- Absoluto: sen límite de idade

Horarios:
- Alevín: 16:30
- Xuvenil-Cadete: 17:30
- Infantil: 18:30
- Absoluto: 19:30

Os partidos xogaranse con regulamento FINA, xogándose o partido de alevíns co regulamento de
mini-waterpolo da FEGAN.
Os equipos en todas as categorías poderán ser mixtos e a duración dos partidos será de 4 cuartos de 5 minutos en alevíns, 6 minutos en infantís e xuvenís e 7 minutos en absolutos, con descansos de 2 minutos entre todos os cuartos.
Ao finalizar os partidos, o Club Natación Pontevedra invitará a unha merenda de confraternidade a todos os participantes na cafetería do CGTD.