terça-feira, novembro 18, 2008

10º ANIVERSARIO DO WATERPOLO CLUB NATACIÓN PONTEVEDRA



O pasado sábado 15 de novembro o Club Natación Pontevedra celebrou o 10º aniversario da creación da súa sección de waterpolo, que leva funcionando desde outubro de 1998.
Foi unha xornada de festa ao grande, co reencuentro de xogadores que pasaron polo equipo de waterpolo do Club Natación Pontevedra durante estes 10 anos.
Para celebrar a década de "supervivencia", o club pontevedrés organizou 2 actos conmemorativos.
O primeiro, foi na piscina, coa organización de 2 partidos de waterpolo. Primeiro xogou o equipo actual fronte ao Club Natación Padrón, equipo co que sempre existiu unha sa rivalidad no auga e moi boa relación fóra.
Posteriormente xogouse un partido entre ex-xogadores e xogadores do equipo para rememorar os vellos tempos. O equipo de “As vellas glorias”, formado por xogadores que xa non están en activo e algún dos que aínda xogan e que están desde a fundación da sección de waterpolo, venceu no encontro fronte aos “Paquetes de agora”, formado por 16 xogadores do primeiro equipo e algún xuvenil, por un apertado 9-10.
No equipo de veteranos (aínda que ningún chega aos 30), volvéronse a enfundar o gorro de orejeras: Manolo Pidre, Jorge Rodríguez “Ñas”, Mateo Torres, Pablo Rodríguez, Xullo Martínez, Juan Virel, Juanjo Vázquez, Jorge Granjel, Javi de Sáa, Javi Magariños, Ana Lima e Juan Rodríguez.
Para redondear a celebración celebrouse unha cea na que se reuniron máis de 60 persoas, entre xogadores, técnicos e directivos que están ou estiveron no Club Natación Pontevedra. Foi unha xornada inesquecible na que os presentes recordaron as numerosas anécdotas e peripecias polas que o equipo de waterpolo da cidade do Lérez pasou durante estes anos. Fíxose entrega de 2 balóns asinados por todos os xogadores a Fernando “Malecho” e Sesé Vázquez (vicepresidente e presidente do Club Natación Pontevedra respectivamente), como agradecimiento por estes 10 anos de traballo para que poidamos gozar do waterpolo en Pontevedra.
Desde o Club Natación Pontevedra espérase repetir os partidos entre veteranos e actuais unha vez ao ano e que o noso club cumpra polo menos 10 anos máis promocionando e gozando do waterpolo.