terça-feira, setembro 29, 2009

WATERPOLO CN PONTEVEDRA PROMOVE PÓLO AQUÁTICO NAS ESCOLAS


En galego:
O Waterpolo CN Pontevedra volve ao cole
O Club Natación Pontevedra volve un ano máis a promocionar o waterpolo polos colexios da cidade de Pontevedra, formando parte esta actividade das numerosas que o club pontevedrés ten previstas para esta tempada.
O obxectivo do CN Pontevedra é que a maior parte de nenos e nenas pontevedreses coñezan este peculiar e esquecido deporte e que todos teñan oportunidade de probalo.
O club do Lérez pretende seguir crecendo e incrementar a súa familia, polo que desde a semana pasada, e a cargo de Kike García e Lara de Sáa, está visitando varios centros de Educación Primaria da cidade, presentando o waterpolo e ao Club Natación Pontevedra mediante power-points e vídeos, ademais de achegar aos estudantes diverso material de waterpolo, como os balóns, gorros e bañadores especiais.
Por agora a campaña de promoción marcha ben, xa que son bastantes os nenos e nenas que están acudindo a probar o waterpolo co Club Natación Pontevedra ao longo do mes de setembro.
Os interesados en probar o waterpolo poden porse en contacto co Club Natación Pontevedra para probar durante unha semana sen compromiso e de forma gratuíta, ben por mail: waterpolo@cnpontevedra.org , por teléfono no 986843833 ó 607723980 (chamar de 17:15 a 20:00 h) ou na oficina: C/ Pai Fernando Olmedo s/n. C.G.T.D. Pontevedra, 2º piso (de 17:15 a 20:00 h-de 18:00 a 21:00 desde o 1 de outubro). Máis información na web http://www.waterpolopontevedra.com/